Segundo o Wall Street Journal, un grupo de grandes editoras, entre as que se eoncontraría McGraw Hill, eatarían en tratos coa empresa de aplicacións móbiles Scrolldown para adaptaren os seus libros de texto ao iPad. Deste modo o iPad podería integrarse no contorno educativo como terminal conectado á rede cun amplo abano de recursos multidisciplinares especialmente adaptados.
“Las nuevas condiciones de Macmillan implican que a partir del mes de marzo la editorial venderá sus libros a los distribuidores con un 30% de descuento -recordemos que Amazon pide el 50% de descuento-, y el precio final del libro lo fijará Macmillan y no un distribuidor. Macmillan propone que las novedades y los bestsellers se lancen a un precio entre 12,99$ y 14,99$, y no a 9,99$, que es el precio habitual establecido por Amazon. Después de retirar los libros de Macmillan de un día para otro, finalmente Amazon ha aceptado las condiciones y ha vuelto a incorporarlos (31/1/2010) en su web. Vale la pena notar que Macmillan también ha anunciado que la mayoría de sus novedades editoriales se comercializarán al mismo tiempo en versión papel y en versión digital, y que los precios inicialmente fijados podrán ir cambiando.”
Parece que non hai outra noticia, e as consecuencias aínda non están claras. É curioso, a diario leo no meu lector de feeds unhas 300 noticias das fontes que teño seleccionadas. Mais cando hai algunha noticia que semella afectar á estrutura desta incipiente industria, o mundo parece deterse e as novidades redúcense a unhas 100 diarias, a maioría das cales tocan reiterativamente o punto de debate.
O interese de todas as partes implicadas agora mesmo parece centrarse no dano que producirá a Amazon a aparentemente impulsiva decisión de retirar os libros de MacMillan temporalmente do seu catálogo, as expectativas que presenta o modelo de Apple e os problemas de dereitos que deberá enfrontar até poder consolidarse internacionalmente e, entrementres, a inauguración da libraría de Google cara á primavera. Diversión ilimitada, que dicían os videoxogos do século pasado.
Apple quere seguir a manter un modelo de negocio que lle funciona: vende un aparello bonito e francamente cómodo pero só permite facer con el unhas cantas cousas. Do mesmo modo que o iPhone obriga os seus clientes a instalar só aplicacións oficiais e cargar música unicamente a través de iTunes, o iPad só permitirá ler libros mercados a Apple e estes libros non se poderán ler noutros dispositivos, este é o concepto que Apple ten do DRM. Non é xusto, nin bonito nin barato. Como a Groucho Marx, os clubes selectos nunca me pareceron obxecto de desexo.
Tinta-E: De la sartén al fuego, o la paradoja del ePub cerrado.
“Arnaud Nourry, presidente y director general de Hachette Livre (del grupo Lagardère), ha hecho un llamamientoa las editorialies francesas a unirse y formar una única plataforma de distribución de libros digitales. Aquí podréis leer toda la entrevista concedida al diario Le Figaro (18/1/2010).
La plataforma estaría formada por las distribuidoras Numilog (que pertenece a Hachette Livre desde mayo de 2008, como explica de maig de 2008, com explicamos en este post), Eden-Livres (plataforma conjunta creada por Flammarion, Gallimard y La Martinière) e e-Plateforme (de Editis y Media Participations), que generan las tres juntas el 80% de los libros en lengua francesa. La nueva plataforma, que podría ponerse en marcha en tres meses, estaría abierta a otras editoriales, pero no a las librerías, aunque podría revender directamente a Amazon y a Google, siempre y cuando se respeten los precios fijados por los editores.
En estos momentos en Francia hay 25.000 libros digitalizados frente a los 350.000 que hay en los Estados Unidos, y Nourry piensa que en un año y medio la ola digitalizadora podría llegar a Francia.”
Parece ser que si. Os libros para o iPad virán “protexidos” con DRM e (até que non se diga o contrario) non poderán ser lidos por outros dispositivos.
“It looks like Apple is continuing to impose restrictions on their devices that limit both content publishers and consumers. Unlike many other ebook readers using the ePub file format, consumers will not be able to access ePub content with Apple’s DRM technology on devices made by other manufacturers.”
Segundo o marketing actual, é preciso regalar para vender. Reparemos en que as modas/tendencias mudan, que hai só un par de anos había moita xente convencida de que todo na rede debería ser de balde. Agora falamos de regalar para vender, o mesmiño que levan facendo todas as industrias ofrecendo mostras á clientela para que probe o produto e decida mercalo.
Entre os consellos que propón Joe Wiker está regalar o primeiro libro e cobrar un pouco máis polos seguintes (non me parece moi convincente este consello), integrar publicidade dentro do libro (pode funcionar pero ten que desenvolverse un bocado máis o medio, penso), ofrecer o libro de balde durante un tempo limitado e promover a lectura social.
O último punto é o que merece maior atención para min. A lectura foi social durante moitos séculos e as redes facilitan que o sexa moito máis. Tanto se se parte de redes dedicadas, como de redes mainstream non especializadas, creo que o boca a boca terá cada vez máis relevancia á hora de un libro funcionar ou non.
Como se comenta ao final do artigo, a aposta de Amazon consiste en reducir os prezos dos libros en papel como estratexia de popularización, mais sen engadirlles ningún valor novo. Non é a única posibilidade, ben Apple, ben algún outro xigante optarán por se asentaren como verdadeiros editores, seleccionando calidade entre a cantidade e engadindo novos valores aos novos conceptos de libro que vaian creando.
Joe Wikerts Publishing 2020 Blog: Adding the Word “Free” to Your Marketing Dictionary.
Por fin, logo de moitos días de rumores e disques, onte foi presentado o novo boom de Apple. Entre as malas noticias eu destacaría que a versión 3g -a que permite inserirlle tarxetas SIM e, por tanto, falar por telefono- pasa dos 600 $; ademais a súa autonomía está no mellor dos casos arredor das 10 horas, pesa máis de 600 gramos, non ten portos USB e a conexión con cámaras fotográficas precisa un kit que se vende por separado; e para rematar, non ten webcam.
As boas noticias son que, se conseguen que se popularice, como antes fixeron co iPod e o iPhone e coa venda de cancións a través de iTunes, o mercado de ebooks crecerá a maior velocidade do que o está a facer actualmente. Onte dabamos a noticia de que Apple andaba a axustar prezos coas editoras para que o prezo final dos ebooks non pase dos 13 $, o que reforzaría a intención de Amazon aumentando a competencia e o desenvolvemento do mercado.
(Pero eu non o penso mercar)
Apple presenta oficialmente o seu iPad – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.
Segundo apareceu onte no Wall Street Journal, as editoras permitirán que Apple venda as súas novidades entre $14.99 e $12.99, o que vén sendo practicamente un 50% do prezo en papel. A decisión podería estar motivada por un interese das editoras de reducir o protagonismo de Amazon no mercado do virtual e promover a competencia, o que lles permitiría poder xogar con máis fichas.
vía$14.99 for an ebook? Awesome! « Nates Ebook News.