PDFmyURL: converter calquera url nun PDF

Se non temos ningún editor de texto á man e queremos gardar para outro momento o contido dunha web en formato pdf, podemos realizar a conversión mediante esta ferramenta.

Ao vela pregunteime se captaría os textos de Google Books e outros sitios de libros con textos de lectura online protexidos contra copiado e funo mirar…

PDFmyURL.com – Convert and save pdf from any webpage for free.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Youblisher.com: publicar como pageflip

Youpublisher é unha aplicación online, similar a Isuu, que nos permite subir un PDF aloxalo na súa web para ser mostrado como pageflip, con ese efecto tan chulo de pasar páxinas. Se queres levalo a calquera outra páxina web, só hai que copiar e pegar o código que fornecen no lugar adecuado. Unha presentación moi aparente pero non sei se realmente útil á hora de ler ou de que nos lean.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ebooks españois

Moi interesante artigo de Fesja sobre o estado das cousas arredor do ebook no Estado Español e a importancia das consecuencias de cada paso que se dea na imparábel reconversión. Librarías a tremer?

Los editores españoles van a equivocarse con el ebook – eConectados.

Nestoutro é onde atopei o primeiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Futuro branco, futuro negro

“A longo prazo, as empresas que gañarán serán as que posúan infraestruturas para soportar un ecosistema de bibliotecas, software e dispositivos. O que suxire que, independentemente de como se comporte o mercado, unha parte non insignificante de fabricantes de lectores de libros están irremediabelmente abocados ao fracaso.”

víaCES e-readers suggest oversaturated market | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manifesto dixital dos libreiros franceses

Extractos:

A Asociación Francesa de Libreiros e a recente  Asociación de distribuidores de produtos culturais lanzan o manifesto o 13 de xaneiro de 2010 en representación de todos os libreiros coa finalidade de evitar que a distribución de libros siga o mesmo camiño que a de música.

Piden prezo fixo para o ebook, así como que se rebaixe o IVE do 19.6% ao 5.5 e a creación dunha centro común de editoras e librarías durante 2010. Os referentes para este centro deberán ser o estadounidense  International Digital Publishing Forum ou o Libreka alemán.

Hai quen di que é demasiado cedo para establecer prezos fixos para os ebooks, pero outros din que, sen prezo fixo, os dous peixes grandes devorarán todos os cativos

Os distribuidores reclaman dixitalización masiva, prezos inferiores ás edicións en papel, sistemas de lectura compatíbeis e paquetes diversificados de produtos para iren por diante das edicións non oficiais.

víaFrench booksellers launch digital manifesto | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

“E” de experimento

Guy LeCharles Gonzalez afirma que 2010 será o ano “e” mais o “e” non é de ebook senón de experimento: experimentos cos contratos, cos dereitos, cos formatos, coa distribución. A experimentación incluirá necesariamente os ebooks mais non estará centrada neles.

Se o libro é efectivamente un obxecto tan perfecto e o negocio, tal e como o coñeciamos até onte, está a atravesas momentos difíciles, a experimentación será o camiño, di este home.

Moi interesante o artigo, a ultima sección titúlase: os grandes experimentos traen os grandes fracasos.

vía “E” is for Experiment (Not E-books) .

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entourage Edge para os libros de texto

Entourage edge, o dispositivo de dúas pantallas que permite ler todo tipo de libros e navegar pola rede pecha acordos con diversas editoras como McGraw Hill, Oxford University Press, John Wiley & Sons e a plataforma de e-learning Blackboard.

Aos poucos parece que os dispositivos electrónicos de lectura e navegación poden irse introducindo timidamente no contexto educativo. O autor do artigo referenciado cuestiónase de todos modos se os estudantes estarán polo labor de mercar un aparello de 500 $ cando xa teñen portátiles que lles permiten realizar un rango máis amplo de tarefas.

En todo caso o cambio de mentalidade que introducen os novos trebellos pode axudar a dar un paso adiante cara á nova organización dos materiais curriculares abandonando o libro de papel como referente á hora de dispoñer e asociar contidos. En dúas palabras, unha base de datos ben organizada e categorizada pode mellorar a estrutura e o uso do libro de texto como até agora o coñecemos.

víaEntourage Edge cuts deals with academic publishers | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Paper Republic, axencia literaria

É unha axencia literaria ocupada en traducir e vender obra de chineses ao mercado en inglés. Ofrecen un directorio de autores con extractos das súas obras traducidos ao inglés e directorio de tradutores ligados ás obras que gostarían de traducir. Ademais, nas fichas de autores e editores sacan referencias en prensa, etc. Coñecen ben o mercado do libro en inglés e deciden que autores chineses poden adaptarse mellor en tradución. As traducións son traballadas co contexto literario da lingua de destino en mente, para ofrecer un produto que encaixe coa moda.
Un detalle que me pareceu xenial: para a última feira de Francfort editaron un catálogo de mostras dunha selección de autores e unha relación de autores recomendados sen traducir, que aínda se pode descargar da rede.
Simple e eficiente.

Which Chinese Books Do You Want Translated? .

Chuzame! A Facebook A Twitter

Adeus lector de libros. Ola Tablet!


Nos últimos días fóronse presentando no CES a maioría dos aparellos que sairán á venda nos últimos meses. Para min é especialmente salientábel o Notion Ink Adam, un prototipo de pantalla de Pixel Qi que, a dicir de moitos, deixará obsoleta a tinta electrónica. Aparentemente é unha pantalla común mais ao apretar un botón apágase a retroiluminación e pasa a modo b/n de alto contraste, o que permite reducir o consumo á 4ª parte aproximadamente, cansar menos a vista en lugares ben iuminados e mantén as capacidades de navegar por internet e reproducir vídeos e outros obxectos multimedia.
Será que, como penso hai tempo, imos cara ao trebello multipropósito que a maioría levaremos enriba nun futuro moi próximo xa?

Chuzame! A Facebook A Twitter