Renovarse ou morrer: Boulder

Boulder está en Colorado. En Boulder hai unha libraría que está a experimentar coa impresión baixo demanda para autores locais. Se unha é unha autora descoñecida de Boulder, pode autoeditar o seu libro e, desde 25$ por un depósito de 5 exemplares na libraría, a 255 $ por que che organicen unha presentación con sinatura, pode promocionar a súa obra. A libraría di que está a facer negocio co servizo, que pode supoñer arredor dun 3% dos ingresos totais.

Boulder Book Store embraces new ‘microdistribution’ model | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e anotado | Sin Comentarios

A USC publicará vinte libros en formato dixital

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC) da Universidade de Santiago (USC), que dirixe Juan Luís Blanco Valdés, vai acometer unha unha decidida aposta polo e-book, o libro electrónico. Actualmente hai unha dialéctica aberta entre o libro impreso e o dixital, pero o director do SPIC ten claro que «hai que ir por aí» para unha serie de publicacións, polo que a USC comezará a edición electrónica con vinte títulos, hai moito tempo xa esgotados, que serán comercializados como libros electrónicos.

víaA USC publicará vinte libros en formato dixital - AGE - Asociación Galega de editores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido | Sin Comentarios

Aldiko: ler libros en Android

Como dicía na aotación anterior, se queres ler libros en formato ePub en Android, recoméndoche Aldiko que, aínda que non sincroniza por wifi con Calibre, ten para min a mellor interface de lectura de libros para móbiles que coñezo. Encántame a transición de páxinas tan suave, a facilidade para regular a intensidade da luz, e ademais é de balde.

O deseño cadrado que aparece nesta anotación é un código QR. Se instalas no teu teléfono un lector de códigos e o escaneas, abrirase o navegador do teu móbil e dirixirate directamente á sección do Market de Android onde podes descargar o lector de libros Aldiko. Pode crearse un código QR para partillar con facilidade calquera páxina web a través das múltiplas ferramentas que existen en Internet.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en aplicacións | Sin Comentarios

Como crear un ePub

Nate ten toda a razón. Se queres crear un ePub non tes máis que facer o seguinte:

1.-Arrastrar un arquivo (DOC/HTML/PDF) dentro de Calibre.

2.- Seleccionar conversión a ePub en Calibre.

3.- Incluír metadatos e imaxe de capa.

As florituras deixarémolas para outro día, pero aproveito para comentar que se tes un teléfono con Android, podes baixar do market unha app para ler libros -na seguinte anotación porei a miña preferida- e formatalos co calibre para lelos no móbil. Calibre permite a sincronización por wifi para subir os libros ao teu móbil sen andar conectándoo ao pc, pero en Android parece que aínda non funciona demasiado ben a cousa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en aplicacións | Sin Comentarios

Libreiros franceses espilidos


Os libreiros franceses están a preparar unha plataforma común que non estará lista até xaneiro de 2011, é cando 9 librarías independentes, considerando que non deben agardar tanto tempo nin a que tanta xente consiga poñerse de acordo, deciden montar a súa propia plataforma, e fano. Entrarán en xaneiro na plataforma común, mais mantendo a súa autonomía e os seus recursos. Ademais, como son xente creativa, distribúen libros a domicilio en París en bicicleta. En menos de 3 horas desde a compra podes ter o teu libro na casa. Ah, e ademais fan un programa de radio.

Vía thebookseller

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e anotado | Sin Comentarios

El profesional de la información

Inma Doval pásame a ligazón para o número deste mes da revista El profesional de la información, que este mes está integramente dedicado ao libro electŕonico. Moitas grazas, Inma.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido | Sin Comentarios

O ebook chega ás bibliotecas de Cataluña

Se distribuirán un total de 28 dispositivos lectores de libros electrónicos con 249 títulos diferentes en catalán, castellano e inglés en 19 bibliotecas del Sistema de Lectura Pública de Cataluña y en la Biblioteca de Cataluña.

El eReader que se distribuirá es el Iliber Longshine DRM, dispositivo que incorpora también el menú en catalán. El usuario podrá disponer del dispositivo lector durante 15 días, después de los cuales tendrá que responder una encuesta.

El usuario de la biblioteca podrá recibir en préstamo el dispositivo, por medio del cual podrá acceder a 110 obras en catalán de la plataforma Edi.cat, 92 obras en castellano y 47 en inglés. Los títulos en castellano e inglés corresponden a libros clásicos de dominio público. Las obras están en formato epub.

De forma paralela, el Departamento de Cultura y Medios de Comunicación ha establecido una serie de contactos con editoriales y empresas tecnológicas para desarrollar una plataforma informática que permita la descarga directa del libro digital a través de la web de las bibliotecas y en régimen de préstamo. Está previsto que esta plataforma entre en funcionamiento durante el 2010 (o el 2011 según algunas de las fuentes). El Departamento ofrecerá a todas las bibliotecas del Sistema Bibliotecario de Cataluña la posibilidad de incorporarse a este proyecto.

víaBEAT Internacional » Blog Archive » Los Readers llegan a las bibliotecas públicas de Cataluña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido | Sin Comentarios

Ler ou fumar?

Penguin acaba de dar no albo cunha colección de clásicos editada en Australia, Nova Zelandia e India, da que leva vendidos máis de 250.000 exemplares en 3 meses. Baixo o mesmo prosuposto que a idea orixinal de Penguin: libros por menos do que custa un paquete de tabaco, Penguin lanzou esta colección, con títulos de dominio público entre outros que non o son, a 9,95 $.

Non estou certa porque fumo pouco e de liar, pero creo que un paquete de tabaco anda aquí por uns 3 €, sería este o prezo máximo para unha colección de éxito dos nosos clásicos? Ou deberían mesmo ter un prezo menor porque os nosos soldos son menores que os de australianos e neocelandeses? (sospeito que o caso da India é un bocado diferente, con ámbitos de venda restrinxidos case ás universidades, mesmo a través de recomendacións oficiais, mais isto é só unha suposición, pois tamén non coñecemos o desglosamento das vendas por países.)

Nos últimos días tivemos noticias dalgún proxecto galego no mesmo sentido. Oxalá lembren que o prezo do exemplar vai ser crucial para o seu suceso.

Is Penguin Trying to Rewrite History?.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en análise | 1 Comentario

Noticias frescas sobre o ebook

Catro días completos a falar de ebooks e sen un minuto para estar ao día. Esta é a primeira anotación de recompilación das últimas noticias sobre o libro electrónico.

O navegador Opera incorpora versión máis recente un plugin para ler ebooks. Polo momento é moi sinxelo, non permite resaltados nin anotacións pero promete. Na páxina da fonte está a ligazón de descarga do plugin.

Penguin presenta o seu concepto de libro infantil para o iPad a través dun vídeo.

Un cómic xenial que explica por que o DRM non funciona. Visto en Teleread.

A maioría dos ebooks de MacMillan estarán por baixo de 10 $.

Interesantes datos no Anuario de Estatísticas Culturais do Ministerio de Cultura. Visto en el blog de libros y bitios.

Libros seguen a superar xogos na Apple Store.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido | Sin Comentarios

Predicións sobre os ebooks

Michael Serbinis, CEO de Kobo, Fala sobre o ebook en 2010:

1. Ten que haber un lector de $99.

2. Bestsellers a $4.99. Como se experimentará con todos os prezos habidos e por haber, acabarán por ofrecerse tamén a este prezo, inimaxinábel hoxe.

3. Amazon porá á venda o  Super Kindle.

4. Os usuarios compartirán os seus libros con liberdade de copia.

5. Venderanse máis de 15 millóns de ereaders. Aparecerán novos provedores que restarán cota a Amazon e a Sony.

6. En 2015, un mínimo do 50% das vendas de ebooks provirán de empresas que a día de hoxe non venden libros de papel.

7. COntinúa a lea do Book Settlement.

8. No futuro veremos 2009 como o ano do cénit do bestseller de papel.

víaCEO of Kobo makes predictions for ebooks in 2010 | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e anotado | Sin Comentarios