Malia recoñecer o enorme interese para a comunidade da proposta de acordo, pola cantidade de libros que serían accesíbeis para o público xeral, o xuíz Chin opina que sería dar a Google demasiado poder sobre as obras orfas e deixar os seus competidores nunha situación de desequilibrio que difícilmente se compensaría co tempo. O caso non está pechado, senón que ambas as partes foron convidadas a revisar os termos do acordo na procura dunha opción que implique menos conflitos futuros que a que vén de ser rexeitada, a través da adhesión opcional en lugar de automática..
Como sempre, están as voces a fovor dos que queren ver un gran número de libros dixitalizados e accesíbeis, con independencia dos plans de dixitalización das editoras e, sobre todo cando estamos a falar de obras e de autores que xa non teñen editora; e pola outra banda, están as voces en contra, os que prometen activar os conflitos que o xuíz quere evitar a toda costa. E no fondo e na superficie o verdadeiro miolo da cuestión, a irracionalidade da Lei de propiedade intelectual, que hai que repensar desde unha base común de honradez e xogo xusto. Moito teñen que mudar as cousas no mundo para que isto aconteza.
E a continuación as ligazóns dos blogues máis relevantes onde se está a comentar a noticia:




“Diría que non poderemos explotar o E- de “electrónico até que os editores comprendan o XML exactamente igual que a gramática inglesa, e concedan aos metadatos tanto valor como a un enchufe con Oprah. Só entón existirán nos ebooks os elementos que os farán máis valiosos que os libros de papel.”