Entourage edge, o dispositivo de dúas pantallas que permite ler todo tipo de libros e navegar pola rede pecha acordos con diversas editoras como McGraw Hill, Oxford University Press, John Wiley & Sons e a plataforma de e-learning Blackboard.
Aos poucos parece que os dispositivos electrónicos de lectura e navegación poden irse introducindo timidamente no contexto educativo. O autor do artigo referenciado cuestiónase de todos modos se os estudantes estarán polo labor de mercar un aparello de 500 $ cando xa teñen portátiles que lles permiten realizar un rango máis amplo de tarefas.
En todo caso o cambio de mentalidade que introducen os novos trebellos pode axudar a dar un paso adiante cara á nova organización dos materiais curriculares abandonando o libro de papel como referente á hora de dispoñer e asociar contidos. En dúas palabras, unha base de datos ben organizada e categorizada pode mellorar a estrutura e o uso do libro de texto como até agora o coñecemos.
víaEntourage Edge cuts deals with academic publishers | TeleRead: Bring the E-Books Home.

