O libro de texto de MacMillan

MacMillan, unha das 5 maiores editoras de libro de texto do mundo está a anunciar DynamicBooks, software que permite ao profesor acceder á base de datos de materiais educativos e configurar o libro de texto dixital adecuado para cada grupo. O mesmo contorno é a libraría onde os estudantes mercan os libros e os autores -profes ou non- os venden. Mesmo contemplan a posibilidade de que Dynamicbooks acolla libros doutras editoras.

Preséntano como un libro de texto que o profesor pode personalizar para cada aluno e talvez sexa a presentación adecuada para o gran público nun momento en que aínda se están a converter moitos libros de papel a flash, para que os profes teñan a mesma experiencia na pantalla que no papel.

No pasado FICOD o director de contidos de Santillana confirmaba que seguían a transformar libros a flash pola demanda dos profes, mais estaban en teoría na procura de formatos mellores.

O que en realidade está a facer MacMillan é crear grandes bases de datos ben categorizadas e etiquetadas, con pontes entre áreas, que permiten acceder e organizar os contidos de maneira rápida e permitindo personalizalos para cada usuario ou aluno.

Como os libros serán altamente personalizados e, portanto non facilmente partillábeis, prometen prezos moito por baixo dos habituais para os libros de texto.

víaMacmillan will introduce DynamicBooks at O’Reilly TOC | Nate’s Ebook News.

Os libros MacMillan volven a casa polo Entroido

Aínda que nada se sabe oficialmente sobre o asunto, o New York Times apunta que o retorno de MacMillan aos andeis de Amazon podería deberse ao comrpomiso de MacMillan de non ofrecer prezos máis baratos a ningún outro distribuidor de contidos, e a permitir que os usuarios partillen os libros.

O que sexa soará…

Macmillan books back on Amazon | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Closed Circle: libraría de escritores

Son 3 escritores que se asociaron para crear unha libraría de ebooks a prezos moderados e sen DRM.

Sobre o affaire Amazon vs MacMillan opinan o seguinte:

“Hoxe en día Algúns editores en papel levan adiante o seu negocio sabendo que o 80% do papel que imprimen non se vai vender, e están máis interesados en demorar o asentamento dos ebooks que en apoialos.”

“A recapitulación de Amazon paréceme querer adiar a batalla para levala ao seu terreo noutro momento. Mais tanto Amazon como MacMillan conparten unha mesma perspectiva: os libros son cuncas de espaguetti, os lectores son ovellas que hai que pastorear e rapar; e os escritores son pozos que hai que secar.”

Closed Circle: Lynn Abbey, C.J. Cherryh, Jane Fancher create new DRM-free e-book store | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Todos queren falar con Amazon

Así é, desde que MacMillan conseguira renegociar o prezo máximo dos ebooks e a súa data de lanzamento, Todos queren sentar coa xente de Amazon. Murdoch, propietario entre outras empresas de Harper Collins, está en completo desacordo no teito dos $ 9,99 e quere aumentalo, aínda que Amazon lle estea a subvencionar os prezos comprometivos ou se ofreza a facelo. Murdoch opina un prezo máximo tan “baixo” desvaloriza o obxecto e prexudica os intermediarios.

Murdoch: Amazon ready to talk e-book terms | theBookseller.com.

Os novos prezos de Amazon favorecen os autores

Segundo contan en Teleread, as editoras veñen pagando aos autores aproximadamente o 25% do prezo final do ebook. MacMillan non pasa do 20%. Pero os autores esperan que os novos prezos axuden a que MacMillan, que representa a sexta parte do catálogo de Amazon, acceda a igualar a marxe dos autores coa da maioría das editoras.

Amazon price capitulation good for authors | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Amazon e MacMillan

En poucas palabras:

-Amazon pretende cubrir o oco do mercado do ebook dos que non queren pasar polo sistema pechado de Apple.

-Fixa en $9,99 o prezo dos ebooks vendidos sen intermediarios, mesmo subvencionando os títulos cando é preciso.

-Probabelmente a consecuencia do anuncio do iPad por parte de Apple, e sabendo que son moitas as editoras que non concordan coa política de Amazon de marcar un prezo fixo que consideran baixo, rexeita as condicións que Amazon lle ofrece.

-MacMillan determina que venderá os seus ebooks a través de distribuidores que recibirán o 30% e que o prezo de cada título será fixado por separado, que isto é preciso para que lle saian as contas.

-Os libros electrónicos de MacMillan oscilarán entre $6 e $15 aproximadamente e sairán ao mercado ao mesmo tempo que as versións en papel.

-As novidades rondarán habitualmente os $15 no momento da publicación e verán reducido o prezo co paso dos meses.

-A MacMillan non lle saen as contas con Amazon e plántalle cara.

-Amazon retira os libros de MacMillan da tenda, ou máis ben, a ligazón que permite mercalos.

-Aparecen editoras que xustifican e apoian a decisión de MacMillan.

-Todos critican a Amazon polo expeditivo e agresivo da súa decisión.

O resto dos detalles non os coñecemos polo de agora (alén da carta que o CEO de MacMillan enviou a todo o equipo o venres, realmente moito mellor idea que enviala directamente á prensa), mais irán saíndo ao longo dos días.

Cada elo da cadea está preocupado porque poida desaparecer calquera dos outros, o que pode dar nunha reconversión da industria máis rápida e incontrolada do que todos desexarían mais

Deben ingresar os distribuidores o 30% como no libro en papel sen pedirlles a cambio máis que a colocación nun catálogo?

Ao final que destino correrán os metadatos que os lectores arelamos?Poderían ser o elemento que marcase a diferencia entre uns distribuidores e outros, entre un prezo e outro para un mesmo libro?

An open letter from the CEO of Macmillan « Nate’s Ebook News.