Redes sociais e márketing

Existen normas sociais na rede, mais non existen as fórmulas sociais que poidan aplicarse a calquera proxecto, nin sequera a calquera proxecto cultural, nin tan sequera a calquera proxecto editorial. Cada proxecto é un universo e así debe tratarse, o seu éxito depende en maior medida da dedicación e da coherencia de todos os seus elementos que dun nicho, por amplo e cómodo que este for. Conseguir x usuarios dispostos a fornecer x medidas de retorno, e de aí para arriba, a dobrar, como dicía Almada Negreiros.

Estar en Twitter e en Facebook non é suficiente se non sabemos que estamos a facer e por que o facemos, é como visitar a Bolsa a diario esperando que a nosa conta bancaria engorde a base de paseos.

Amazon, Google, The Copia e outros que se unirán ao desembarco peninsular proximamente, formecerán unha interesante variedade de canles para a distribución do libro dixital de cara a 2012, e comezarán a falar e a sentar as bases da impresión baixo demanda, mais só quen teñan proxectos coherentes poderán tirar partido do impulso da corrente.

Novo anuncio do Kindle

Como din en The Digital Reader, cada vez se pensan máis os anuncios para que a xente teña ganas de compartilos. E funciona! O curioso é que a estratexia publicitaria non se utilice tamén para vender os propios produtos da empresa anunciante. Por que Amazon non inventa un formato de vídeo propio para os seus anuncios que só se poida visualizar nos seus dispositivos? Por que non os almacena nos seus propios servidores en lugar de servirse de Youtube? Entón, por que non vende libros coa mesma filosofía coa que fan anuncios?

The Future of Advertising | The Digital Reader.

As bases das comunidades que funcionan

-Crear sitios exclusivos para autores ou libros.

-Recompensar os usuarios.

-Coñecer a audiencia.

-Lembrar que os adolescentes son diferentes.

-Localizar grupos asociados cos teus contidos.

-Manter e ligar distintas páxinas nas redes sociais.

-Facer seguimento das visitas.

-Ter obxectivos concretos.

-Comezar a comunidade con antelación ao lanzamento.

-Centrarse no contido, non no ego.

-Integrar produtos online con produtos offline.

-Ter en conta os contidos multimedia.

-Non ser fanáticos do control.

-Experimentar e aprender.

-Crear comunidades en torno aos autores.

-Cultivar a audiencia a través de distintas plataformas.

-Cada audiencia é diferente.

-Monitorizar reaccións.

-Contar cun sitio de destino.

-Saber o que a audiencia espera atopar.

-Fornecer posibilidades de feedback.

-Onde sexa posíbel, permitir que sexa a propia comunidade quen guíe.

-Axustar modelos a necesidades.

-Incluír voces independentes para asegurar autenticidade.

-Medir o éxito polo interese e o entusiasmo da audiencia.

-Crear páxina para o lanzamento dun título e facelo con meses de antelación ao lanzamento.

-Mesturar medios analóxicos e dixitais.

-Non deixar decaer o interese entre lanzamentos.

‘41 tips for building online communities’: A must-read for Random House and other publishers of all sizes | TeleRead: Bring the E-Books Home.