Xapón será o primeiro país en evitar a música pirata no móbil

Rapidamente se desenvolverán aplicación para evitar estes controis. Os usuarios máis avanzados seguirán e os máis atrasados pagarán o pato. Segundo pase o tempo, a medida deixará de ser útil mais haberá novas solucións para novos problemas. Desde logo, como campaña de alfabetización dixital non ten prezo.

Faro de Vigo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Netaudio: tese sobre a música na rede

Interésame moito a panorámica que promete fornecer e é unha boa ocasión para probar a tradución automática do alemán nun texto longo. A ver se consigo lelo así, porque de alemán non sei nin palabra.

“A través de numerosas entrevistas, imágenes y descripciones que contiene el libro, el lector podrá entender más profundamente la vida diaria de los participantes en esta escena netaudio.”

vía netaudio

Grazas, Uxío, pola ligazón. E tamén por estoutra sobre o estudo que mostra que “enfraquecimento nos direitos de autor beneficia produçao cultural”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Leonard Cohen

Leonard Cohen acaba de sacar disco en directo, gravado na xira de 2008. Cóntame un amigo que sufriu unha estafa por parte do seu axente, que o deixou cos petos baleiros, e que saiu de xira para volver gañar o retiro. Unha vez máis perdín o seu concerto, esta vez en Lisboa, como xa me pasara en 1986.

O ano anterior fora a Hastings un mes para aprender inglés. Aparte de que voltara con oito ou dez quilos que non levara, aterrar por sorpresa nun colexio/residencia do Opus vasco máis rancio proporcionárame a proba máis sólida para a miña madurez que podía soñar daquela así que, aos 17 anos sentíame capacitada para viaxar soa a calquera lugar do mundo.

Cando pedín permiso para ir ao concerto de Leonard Cohen en Madrid levei un chasco maiúsculo ao non me ser concedido. A noticia pillárame por sorpresa, sen cartos e sen infraestrutura preparada. Supoño que a Alicia a terían deixado, de irmos as dúas, mais a min déronme un non rotundo que non deu lugar a dúbidas.

Desde que o profesor de inglés nos puxera Suzanne en clase para encher ocos na letra, Alicia e eu fixerámonos cos disos que atoparamos e pasaramos moitas tardes escoitándoos e traducindo as letras na sala da súa casa. Foi para nós a descuberta da Poesía, arrolada pola voz máis sensual que que tiñamos escoitado xamais.

Have a nice old age, Lenny!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/pGfgMYfdBFc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Música a mancheas

Nun momento en que Last.FM se vai facer de pago nos países onde non atopa financiamento, Mixtape.me é un lugar moi interesante onde facer listas de reprodución moi facilmente, para escoitar, por exemplo as cancións máis famosas de grupos que non coñezamos moito.

Por outra banda, Screentoaster é unha alicación online que nos permite gravar en vídeo o que facemos no ordenador. Moi útil para preparar presentacións e turotiais.

E, falando de presentacións, unha moi interesante, coas 99 mellores aplicacións sociais orientadas á educación.

Chuzame! A Facebook A Twitter