Adaptarse aos novos tempos

Eis o artigo que me pediron para a Tempos deste mes sobre internet e a propiedade intelectual.

“Na segunda metade do S. XX, para escoitar música había que mercar un CD, para ler unha novela había que mercar un libro en papel e para ver un filme había que mercar ou alugar un DVD. O aviso de prohibición de reprodución aparecía en todos os artigos mais a copia privada acabou sendo un dereito. A técnica avanzou e fixo posíbel reproducir discos e fotocopiar libros na casa. Aínda así era máis barato fotocopiar un libro nunha tenda de fotocopias, polo que a industria editorial acabou conseguindo que se aplicase un canon ás máquinas fotocopiadoras, para subsanar as perdas que as editoras atribuían ao fotocopiado dos seus libros. O canon aplicouse a moitos dispositivos electrónicos que permitían copia e almacenamento de contidos dixitais, e os cartos que xeraba ían parar a asociacións de xestión de dereitos de autor. Autorizaba o canon a libre reprodución dos contidos comerciais? Non, só a copia privada, que pasou a ser un dereito do comprador. En que se baseaba a aplicación do canon entón? Na compensación do “mal” uso que o comprador podía facer da súa compra. Pero entón, pagando o canon lexitimábase ese uso do produto comprado? Tampouco. Paradoxos da vida.

Durante uns anos as entidades de xestión de dereitos manexaron cantidades de diñeiro considerábeis, que repartiron e investiron como consideraron oportuno até que recentemente os seus ingresos comezaron a diminuír de modo alarmante. Foi nese momento cando reclamaron unha lei que as “protexese”.

Entrementres os internautas descubriron que podían partillar contidos a través da rede, que podían organizarse para non repetiren o mesmo traballo innumerábeis veces e que era importante defender o dominio público. Descubriron tamén que as industrias de contidos tiñan un modelo de negocio baseado na distribución física que comezaba a deixar de ter sentido coa revolución dixital.

Empresas como Amazon, Apple, Spotify decidiron aproveitar a oportunidade dixital e comezaron a comercializar novos produtos con novos prezos adaptados a unha clientela que non variara tanto nestes poucos anos pero que contaba con ferramentas de consumo, de compra e de participación das que non dispuña dez ou quince anos atrás. Venda de cancións soltas, libros a prezos reducidos, consumo online de música, filmes e libros sen necesidade de descarga previa, etc.

Ao seu carón, moitas empresas consolidadas no S XX quixeron facerse fortes no seu modelo de negocio de distribución física e trasladaren os seus formatos sen mudanzas a internet, o que moitos chamaron desfortunadamente manteren a súa cadea de valor. A industria da distribución de contidos está en crise como tantas outras simplemente porque xa non funciona, como aconteceu co carbón cando chegou o petróleo, porque non reducir os custos cando é posíbel non leva a ningures.

A lei Sinde non saiu adiante porque a cidadanía non quere que se pechen páxinas web sen a autorización dun xuíz. En internet nin todo é de balde nin se pretende pero é preciso e urxente un debate a fondo sobre as leis de propiedade intelectual que defendan os produtores, os distribuidores e tamén os consumidores de contidos, adaptadas aos novos tempos, aos novos medios e centradas na propia cultura, non unicamente na industria.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pedro Silva en Foro aberto

Onte á noite o noso compi Pedro Silva (Goretoxo) falou sobre propiedade intelectual, modelos de negocio e piratarías varias en Foro aberto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A CE avoga por novas leis para impulsar a dixitalización de libros

Por que non piden axuda á cidadanía para a dixitalización a cambio dun tratamento xusto da lei sobre propiedade intelectual e dereitos de autor? ( E de paso ligo co comentario de Calidonia á anotación anterior, asunto do que xa falei tamén hai algún tempo: para dixitalizar unha parte representativa do fondo editorial galego só faría falta que quixésemos facelo).

“En su opinión, la digitalización de libros ha de ser guiada por el sector público, aunque debe ser apoyada acuerdos con el sector privado[...]

Por otra parte, los comisarios insistieron en que la digitalización de obras sujetas a derechos de autor debe respetar completamente las leyes de propiedad intelectual.

Para ello, ven necesario revisar el actual marco regulador europeo y cuestionar si es apropiado para la era digital[...]

La Comisión destacó que, a día de hoy, no hay en la UE una estrategia parecida para que los autores reciban una remuneración justa por el acceso a sus obras en internet.”

víaLa CE aboga por nuevas leyes para impulsar la digitalización de libros – Ciencia y Tecnología – Faro de Vigo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mapa xurídico dun conflito: Propiedade Intelectual e Dereito á Cultura

E dámolo por lóxico, que non normal, porque non hai políticos que actúen doutro modo, non sería posíbel sen alterar regras do xogo que requirían máis de catro anos de rtámites e cuxos efectos ninguén asegura que fosen ser visíbeis inmediatamente.

CARLOS SÁNCHEZ ALMEIDA

Mapa jurídico de un conflicto: Propiedad Intelectual y Derecho a la Cultura

Cuando los lobbies de la propiedad intelectual han llegado al extremo de conseguir que el poder político legisle limitando la libertad de expresión y el derecho a la inviolabilidad de las comunicaciones en Internet, el debate es político.

víaMapa jurídico de un conflicto: Propiedad Intelectual y Derecho a la Cultura.

Chuzame! A Facebook A Twitter