Vento Lois

Foi un exitazo. Cando unas 400 persoas se reúnen un domingo pola mañá do día máis lindo do ano até o momento para lembrar a Lois Pereiro e ler os seus poemas, é que algún potente interese as une, como creo que é o caso co Día das letras 2011. Moitos amigos que había ben tempo que non viamos, un teatro Rosalía que fervía, moitas voces lembrar a voz dun deses grandes que marchou demasiado cedo.

Alfredo gravou un vídeo que editaremos nos próximos días mais como petisco vou deixa aquí o vídeo do streaming co meu teléfono móbil, que algo é algo.

Os libros arden mal

Os libros arden mal, Teatro Rosalía 23/05/09

Os libros arden mal, Teatro Rosalía 23/05/09

O sábado pasado asistimos á velada literaria e musical de Manuel Rivas e amigos sobre Os libros arden mal no teatro Rosalía da Coruña. Foi un exitazo de público, de ambiente e de maxia, a maxia que asoma cando hai talento e máis se este é compartido por todos os membros da troupe.

Os asistentes recibimos un agasallo precioso: unha caixa de mistos chea de pequenas fotos antigas e cadros da nosa cidade, acompañados por fragmentos d’Os libros arden mal. En canto teña un momento fareilles unhas fotos para que poidades ver de que falo. Polo momento déixovos unha foto do saúdo final e un pequeno vídeo do móbil.