YouTube nos copia

Evidentemente non o digo en serio, e non só por cuestión de tamaño, pois na produción dunha única idea en concreto non ten por que influír. Mais habemos de recoñecer que nos fixo graza onte ver as similitudes da nova grella de streaming personalizada de Youtube coa que andamos a desenvolver para Blogaliza. Si, proximamente os máis de 20.000 usuarios de Blogaliza -xa rematada a migración de fillos.org-, poderán solicitar día e hora na grella xeral para estrear os seus programas e que todos poidamos velos ao tempo que nos unimos á conversa nunha caixa de chat.

Ademais, compartiremos os nosos coñecementos sobre produción de streaming de vídeo con software libre, para que calquera usuario sexa quen de facer retransmisións en directo dunha festa, dunha entrevista, dunha conversa, do que teña a ben.

E non é a única novidade de Blogaliza este outono, estean atentos á (nosa) pantalla 😉

El programa electoral del PP promete software libre – Xornal | Plica Zaragózame SL

“El programa electoral del PP promete software libre – Xornal

Los populares se comprometieron a impulsar “a implantación de software libre e estándares abertos na Administración autonómica, compartindo e reutilizando o software que fose creado con diñeiro público, sen posicións dogmáticas, fronte a cuatro anos de …”

víaEl programa electoral del PP promete software libre – Xornal | Plica Zaragózame SL.

O partido teoricamente progresista apoia a industria porque o boom do problema o pilla no poder e apoiar a cidadanía desde o poder implica facelo con feitos.

O partido teoricamente máis carca aproveita o río revolto e promete, promete, promete. Como non está no poder, ten que apoiar a cidadanía con palabras e agardar a multiplicación das promesas en votos.

Nada mudará. Se goberna o PP no futuro o novo presidente dirá que pasaron os prazos en que se podían mudar as cousas, que aínda se pode facer moito pero que hai que facelo por fases, que a situación mudou e que temos que mirar polos postos de traballo destruídos polos piratas e mil cousas máis.