Aparece na rede un manifesto en defensa da música galega – Xornal.com

“Albergado no portal web Komunikando.net, o manifesto Comeza lembrando que, segundo a lei da CRTVG, as emisoras públicas teñen a obriga de inspirar a súa programación “na promoción e difusión da cultura e a lingua galega”.

Critica a “desaparición da música en lingua galega” dos minutos de Aberto por Reformas, cortando así a difusión e o pulo que Souto lle estaba a dar aos grupos do país dende hai máis de 900 programas.

E, polo tanto, reclaman “a música galega de volta á radio galega”, e a creación dun “programa que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas”, sen esquecer no resto da grella os contidos relacionados co cine, a literatura e a arte en xeral.

O manifesto pódese asinar na web de asinar na web de Komunikando.net.”

vía Xornal.com.